jueves, 29 de enero de 2009

Que facer despois das dúas do mediodía na facultade???.... todo isto, sen comer!!!

É xoves, pasa das dúas da tarde e mentres espero que me veñan a buscar a fame chama á porta...
Hai que entreterse para non dar conta da súa chamada pero, que facer???
O máis proveitoso sería estudiar que luns hai exame pero o sono tamén pasa por diante dos ollos e ameaza con pechalos na biblioteca e... iso si que non, algo hai que argallar!!!
Baixo para a sá de lectura... estase moito mellor, está máis fresca e fico aquí, pero agora..., que fago??
Boto un ollo polos blogs amigos, algúns renovaron, outros non... hai unha nova incorporación no mundo blogueiro... BENVIDO!!! (xa antes no medio da mañá e entre traballos botei un ollo por alí... e ata comentei, ou iso creo, espero, agardo...) e decídome a actualizar "Cousas de margosiña" para que fiquen contentos/as.
Un saúdo, xa o fixen...

2 comentarios:

Unknown dijo...

Hahahahah, xa vexo que a presión faite actualizar, hahahaha. Eu vouche dicir o que se pode facer ás dúas da tarde, .... tomar un café, e facer o sudoku do Paíes, heheheheheh.

manueldetopete dijo...

NORABOA POR ACTUALIZAR. EU PERDO O TEMPO FACENDO CURSOS INÚTILES...