jueves, 31 de diciembre de 2009

FELIZ ANO 2010 A TODOS/AS


Xa van alá 4 meses desde a miña última publicación en "Cousas de Margosiña" pero hoxe, a piques de rematar o ano, non podía pasar sin facer unha nova entrada para desexarvos a todos/as (de aquí e de alá, altos e baixos, rubios e morenos e tamén "pelivermellos", mozos e mozas, nenos e nenas...) un FELIZ ANO 2010 e como non se me ocurría outra forma convoquei unha manifa. Aquí vos deixo a foto da cabeceira

jueves, 13 de agosto de 2009

Rap da lingua!

Creado polo grupo Migallas quere contribuir ao uso do galego por todos e todas...

jueves, 30 de julio de 2009

O xardín!!!


Sacarlle as herbas ao xardín era un dos cometidos deste verán...
Si, xa sei, xa debería estar feito... É verdade, pero no seu tempo eu andaba con outras cousas na cabeza e non tiven tempo...
Pouco a pouco, máis ben, moi pouco a pouco vou tratando de poñerlle traza pero con este verán que temos eu saco as herbas por un lado e o sol e maila chuvia encárganse de que volvan a nacer rapidamente... que se lle vai facer, así é a Natureza!
Na foto poden verse os resultados do meu traballo...

Os fogos do Apostolo!!!


Este ano os fogos do Apostolo corrían a cargo dunha pirotecnia italiana...
Ían ser os mellores se podía ler nos xornais...
Despois non foi para tanto,. Como novidade, polo menos para min, a presenza dun enorme globo que semellaba o planeta Terra e que estivo alá no alto mentres duraron os fogos.
Faltaron os 2 chupinazos que indican o fin da tirada e houbo outros erros...
Cada quen terá a súa opinión pero para min non foron os mellores.

Con ojos de abuelo...



Xa algunha vez falei neste blog da miña admiración polas viñetas de Tonucci, foi con ocasión da edición do libro "40 años con ojos de niño"
Hoxe volvo a traelo ata aquí porque ven de publicar un novo libro de viñetas: "Con ojos de abuelo".
Non fai falla decir que logo estará nas miñas mans... e novamente volvo a convidar a quen non as coñeza a botarlle un ollo, vale a pena!

viernes, 10 de julio de 2009

Agora si, "xa tá!!!"



Xa hai case un mes que ese papeliño é meu pero ata onte á tarde non sabía si de verdade me correspondía. Agora si, xa o podo decir... son DIPLOMADA!!! rematei Ed. Infantil...

Hai 3 anos falando con certa persoa á sombra dun carballo decidimos empezar Maxisterio, eu en Infantil, el en Primaria...
Tiven dúbidas, moitas, antes de empezar pero agora podo dicir que valeu a pena... non só por ter rematado con éxito senón, e sobre todo, polo vivido durante estes 3 anos...

Gracias a tódalas persoas que compartiron conmigo esta ilusión e pensade que
"NUNCA É TARDE..."

domingo, 21 de junio de 2009

EU ENTÉNDOME en GALEGO

É domingo pola mañá e acabo de erguerme da cama... Mentras almorzo, bótolle unha ollada ao xornal. Desa ollada quero compartir con quen de vez en cando se pasa por aquí esta carta:

O GALEGO SERVE PARA ENTENDERNOS

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa, ... apelido: Vázquez, Nogueira, ... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ...
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo, ... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela, ...
Botamos aturuxos, arroutadas, ... e damos colo, apertas, ...
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ...
Aos arbustos: silva, xesta, ...
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...
Ás comidas: grelos, cacheira, ...
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ...
Aos peixes: xouba, ollomol, ... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ...
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ...
Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...
Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, ...
Aos ríos: Toxa, Xallas, ...
Aos pobos: Soutelo, A Peroxa, ...
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño, ...
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, ...
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo, ...
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...
As vacas: Marela, Xeitosa, ...
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ...
Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ...
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...
Á música: os alalás, a chouteira, ...
Aos xogos: a billarda, a porca, ...
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ...
Aos paxaros: paporrubio, rula, ...
Ao vestido: saia, polaina, ...
e agora veñen que para que serve o galego, pois é obvio, PARA ENTENDERNOS.

E o que eu non acabo de entender é por que queren privarnos de todo isto?

Non señores non, esquezan as enquisas que xa bastante dano fixeron con elas, non busquen xustificarse nos seus resultados ... por que hai cousas que non se poden xustificar...

Como podemos sequera pensar en privar as xeracións futuras desta riqueza, da súa herdanza, da súa cultura... facerlles perder a súa historia... eu non o entendo....

Non quero sentir morriña da lingua, QUERO seguir picándome nas silvas, paseando entre os amierios á beira dos regatos, comendo xoubas e zamburiñas, escoitando as rulas, visitando a fervenza do Toxa ou a serra da Capelada, xogando a billarda, aledándome cada vez que vexo un escornabois cos seus cornos ao alto, sentindo agarimo polos meus, enchéndoos de bicos e apertas, ríndome coas historias do Foucellas, saboreando as mazás da maceira, os pexegos do pexegueiro ou os carolos da caroleira, tomando o leite da Marela ou da Gallarda, indo á Rapa das Bestas, ... e tantas e tantas cousas que ... non entendo, ou debería decir: "no entiendo" por que eu, en galego, entendo



sábado, 13 de junio de 2009

Parabéns...!!! Xa son taitantos???

Parabens para ti,
parabens "topetin"
nesta data asinalada
parabens para ti...

(a intención é o que conta que son as 5 e media da mañá, acabo de chegar do acto e non podo co c...)

martes, 9 de junio de 2009

Bye, bye musica...!!!

Xa casi hai unha semana que o sospeitaba pero o luns tiven a confirmación: a flauta deixa de ser un pesadelo para mín, a partir de agora só teño que tocala si me apetece e, polo de agora non vai ser...
Sufridos amigos/as non vos preocupedes máis, a flauta xa non vai viaxar conmigo as fins de semana de turismo rural....

miércoles, 27 de mayo de 2009

Hoxe é o día...!!!

Hoxe remata a conta atrás...

hoxe é o día D...

PARABÉNS parella!!!

jueves, 21 de mayo de 2009

Xa queda pouco...!!!

Pouco a pouco o día D vaise achegando.

Xa só faltan 7 días!!!

e 2 para a pre-festa...

Haberá nervos?? os/as implicados/as dín que non, pero... quen o sabe??

Máis novas nos vindeiros días

Agora, unha nana negra!!!


O da
s nanas foi un traballo que me gustou... de aí que repetín.
Agora vai co fondo de cor negra...

Cal che gosta máis???

Onde a colocarías???

Espero a túa opinión

lunes, 11 de mayo de 2009

Segue a conta atrás...

Faltan 17 días!!!!

lunes, 27 de abril de 2009

A miña nana

Que contestarías á pregunta:

que é unha nana?

Ademais do que estas pensando, tamén reciben este nome unhas figuras femeninas de vistosas cores da escultora francesa Niki de Saint-Phalle (1930 - 2002)

As fotos que acompañan esta entrada son da miña "nana".
Está feita en plastilina para a clase de plástica (as orixinais da autora están realizadas en papel maché e poliester) e para rematar o traballo fáltame contextualizala nun lugar, nun ambiente....

En que lugar a colocarías ti??? Manda un comentario a esta entrada dando a túa opinión

Gracias pola túa colaboración

sábado, 25 de abril de 2009

Faltan 33 días!!!

martes, 3 de febrero de 2009

Lanchas do .......... ou ..................

A piques de rematar o 1º cuadrimestre, os exames e os traballos sucédense día a día.
En Coñecemento do medio social e cultural tivemos que preparar un itinerario para nenos/as de Ed. Infantil polas rúas de Compostela con final no C
GAC e no Museo do Pobo Galego.
Así que despois de deseñalo previamente, alá nos fomos de visita a Bonaval.
Unha ollada polas súas salas para escoller algo que quixeramos traballar cos pequechos/as... cando, de súpeto, na sala adicada ao mar, levo unha sorpresa....
Entre as barcas e as maquetas que alí hai atopei unha "lancha do xeito" ou "xeiteira".

Non había moito que nunha conversa tomando un café cuns amigos, falaramos de como se chamaban as barcas que ían ao xurelo: xureleiras, chicharreiras.... ata que o Tpt se acordou do seu nome que coñecía desde a súa experiencia rianxeira.

A xeiteira é unha embarcación de pesca que se empregaba en Galicia para ir pescar sardiña "o xeito".

Na foto vese a maqueta e por detrás, unha vela de verdade que no caso destas embarcacións chámase vela de relinga.

jueves, 29 de enero de 2009

Que facer despois das dúas do mediodía na facultade???.... todo isto, sen comer!!!

É xoves, pasa das dúas da tarde e mentres espero que me veñan a buscar a fame chama á porta...
Hai que entreterse para non dar conta da súa chamada pero, que facer???
O máis proveitoso sería estudiar que luns hai exame pero o sono tamén pasa por diante dos ollos e ameaza con pechalos na biblioteca e... iso si que non, algo hai que argallar!!!
Baixo para a sá de lectura... estase moito mellor, está máis fresca e fico aquí, pero agora..., que fago??
Boto un ollo polos blogs amigos, algúns renovaron, outros non... hai unha nova incorporación no mundo blogueiro... BENVIDO!!! (xa antes no medio da mañá e entre traballos botei un ollo por alí... e ata comentei, ou iso creo, espero, agardo...) e decídome a actualizar "Cousas de margosiña" para que fiquen contentos/as.
Un saúdo, xa o fixen...

miércoles, 21 de enero de 2009

Estamos de noraboa... Xa se achegan as prácticas!!!

Para min, como para calquer estudiante de Maxisterio, o momento de ir de prácticas a un colexio é un momento agardado con entusiasmo, con impaciencia... porque representan entrar en contacto con aquilo ao que te queres adicar nun futuro esperemos que non moi lonxano.
Esta semana estamos iniciando os trámites necesarios para as prácticas de 3º de Ed. Infantil...
As dúbidas foron moitas pero finalmente decidin repetir colexio e volver ao mesmo que fora o ano pasado, alá na cidade da Coruña, e o martes achegueime ata alá para conseguir a firma necesaria.
Ademais de estar moi contenta por poder facelas onde eu escollín a miña alegría incrementouse polo bo recibimento que tiven no colexio... Así da gusto traballar!!!
Gracias ao colexio por brindarme de novo esta oportunidade...
Máis adiante contarei de como é a miña experiencia

sábado, 17 de enero de 2009

pingüin!!!

Un bo amigo agasalloume con esta imaxe....
Non sei... o frío, a neve...
En fin, aí queda.

Presión!

Como di a Wikipedia, a Presión é unha magnitude física que mide a forza por unidade de superficie.
Non sei si esta é a presión que sinto eu para que actualice o blog pero dende logo presionar si que me presionan para que actualice, e....
xa está, xa actualicei!!!
Contentos????
Mañá máis...