Cando eu era pequena a tele aínda era en blanco e negro, decíanos que unha peli era para maiores con dous rombos nunha esquina e eu marchaba para a cama coa familia Telerín...
Xa hai un tempo que descubrín este vídeo no blog dunha amiga. Daquela non o colguei aínda que me encanta, pero hoxe quero que aqueles/as que de vez en cando botades un ollo por aquí sexades tamén partícipes da súa mensaxe... Adicádelle pouco máis de 3 minutos que vale a pena...
O pasado xoves, 20 de Novembro, foi o Día da Infancia. Con tal motivo empezou a emitirse nas principais canles de televisión un spot publicitario contra o maltrato infantil co lema:
AS TÚAS MANS DEBERÍAN COIDAR, NON PEGAR
Quería telo colgado xa, porque ademais de pola súa mensaxe é un spot que me encanta pero en todo o fin de semana non foi posible. Si non o coñecedes convídovos a velo porque na miña opinión vale a pena... pero desexo que o vindeiro ano non sexa necesario facer campaña en contra do maltrato infantil