miércoles, 9 de enero de 2008

Frato, 40 años con ojos de niño


É moi dificil pasar por Maxisterio e non ter escoitado falar de Tonucci...
É pedagogo e desenvolve un intenso traballo no ámbito da educación e da formación infantil.
A súa filosofía básase en darlle maior autonomía e poder de decisión aos nenos... Impulsou na súa localidade natal, Fano, a creación da Cidade dos nenos
Pero hoxe quero falar de Tonucci por outro motivo: fai xa 40 anos que creou as viñetas de Frato que nos amosan o mundo a través dos ollos dun neno.
A min persoalmente, gustanme moito e vexo as que aparecen publicadas na revista Cuadernos de Pedagogía.
Recentemente a editorial Graó ven de publicar un libro-álbúm: "Frato, 40 años con ojos de niño", que recolle unha escolma das mellores e máis coñecidas viñetas de Tonucci.
Se non coñecedes a Frato convídovos a facelo... para mín foi un gran descubremento...

lunes, 7 de enero de 2008

As TICs no cole (5)

Xa como remate ao apartado "As TICs no cole" quero comentar algo que diferencia a este cole doutros moitos...
No meu cole de prácticas a informática non é algo accesorio, senón que as novas tecnoloxías teñen a consideración de ferramentas educativas.
Non hai clases de informática, o que ocorre é que a informática se integra dentro da aula sen un horario específico e en relación coas outras áreas de estudio.

Ensínaselles aos nenos, xa desde Infantil, que os ordenadores son unha ferramenta de traballo, útil para obter información, como vía de comunicación... e ao mesmo tempo que se habitúan ao uso desta ferramenta están a traballar outros contidos (lecto - escritura, matemáticas...)

Podedes ler máis no seguinte artigo de Vieiros: Un cole diferente, publicado con motivo do XX aniversario do colexio.

No tempo que alí estiven os nenos de 4 e 5 anos usaron o ordenador en varias ocasións, usamos o radio-CD para poñer música en algunhas sesións de psicomotricidade e tamén para escoitar panxoliñas...
As cámaras dixitais tiveron protagonismo en moitos momentos de aula: nos obradoiros de cociña - cando fixemos turrón de chocolate (en 5 anos), polvoróns (en 4 anos) ou masa de sal cos máis pequenos..., na festa de Nadal...
Tamén nos días previos ao festival de Nadal apareceu pendurado do teito do patio o canón proxector que tivo o seu protagonismo na festa de Nadal de Primaria...