sábado, 18 de septiembre de 2010

No comezo do novo curso escolar...

É certo que en tempos de crise todos e todas temos que arrimar o ombreiro... pero o que está a pasar en educación non é de recibo: por un lado redúcese o profesorado e por outro tíranse ó lixo milleiros de libros totalmente válidos...
Alguén quere explicarmo???
Os xornais falan dun inicio de curso normal mais non deben estar ben informados... porque no instituto da Illa os pais van substituir ós seus fillos nas aulas o vindeiro luns, no IES de Brión dimite o seu equipo directivo como medio de protesta e de seguro que non son os únicos... porque outros colexios e institutos vénse na obriga de xuntar alumnos de distintos cursos, deixar sin atención especializada a alumnos que a requiren...
A normalidade?... - eu non a vexo.
Aínda en tempos de crise a aposta debía ser unha EDUCACIÓN de CALIDADE... pero parece que non todos opinan o mesmo...
... e así nos vai...


viernes, 18 de junio de 2010

... e as abellas puideron coa col...


Porque en Cora as coles, ademais de berzas para as galiñas, tamén dan abellas...

martes, 26 de enero de 2010

A quen nos di RADICAIS!!!



Do xornal Terras de Santiago collín esta imaxe que aparece no espazo Historias de Icía e avoa e que lle debemos a Sabela Arias...


jueves, 31 de diciembre de 2009

FELIZ ANO 2010 A TODOS/AS


Xa van alá 4 meses desde a miña última publicación en "Cousas de Margosiña" pero hoxe, a piques de rematar o ano, non podía pasar sin facer unha nova entrada para desexarvos a todos/as (de aquí e de alá, altos e baixos, rubios e morenos e tamén "pelivermellos", mozos e mozas, nenos e nenas...) un FELIZ ANO 2010 e como non se me ocurría outra forma convoquei unha manifa. Aquí vos deixo a foto da cabeceira

jueves, 13 de agosto de 2009

Rap da lingua!

Creado polo grupo Migallas quere contribuir ao uso do galego por todos e todas...

jueves, 30 de julio de 2009

O xardín!!!


Sacarlle as herbas ao xardín era un dos cometidos deste verán...
Si, xa sei, xa debería estar feito... É verdade, pero no seu tempo eu andaba con outras cousas na cabeza e non tiven tempo...
Pouco a pouco, máis ben, moi pouco a pouco vou tratando de poñerlle traza pero con este verán que temos eu saco as herbas por un lado e o sol e maila chuvia encárganse de que volvan a nacer rapidamente... que se lle vai facer, así é a Natureza!
Na foto poden verse os resultados do meu traballo...

Os fogos do Apostolo!!!


Este ano os fogos do Apostolo corrían a cargo dunha pirotecnia italiana...
Ían ser os mellores se podía ler nos xornais...
Despois non foi para tanto,. Como novidade, polo menos para min, a presenza dun enorme globo que semellaba o planeta Terra e que estivo alá no alto mentres duraron os fogos.
Faltaron os 2 chupinazos que indican o fin da tirada e houbo outros erros...
Cada quen terá a súa opinión pero para min non foron os mellores.