Mostrando entradas con la etiqueta colexio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colexio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de enero de 2009

Estamos de noraboa... Xa se achegan as prácticas!!!

Para min, como para calquer estudiante de Maxisterio, o momento de ir de prácticas a un colexio é un momento agardado con entusiasmo, con impaciencia... porque representan entrar en contacto con aquilo ao que te queres adicar nun futuro esperemos que non moi lonxano.
Esta semana estamos iniciando os trámites necesarios para as prácticas de 3º de Ed. Infantil...
As dúbidas foron moitas pero finalmente decidin repetir colexio e volver ao mesmo que fora o ano pasado, alá na cidade da Coruña, e o martes achegueime ata alá para conseguir a firma necesaria.
Ademais de estar moi contenta por poder facelas onde eu escollín a miña alegría incrementouse polo bo recibimento que tiven no colexio... Así da gusto traballar!!!
Gracias ao colexio por brindarme de novo esta oportunidade...
Máis adiante contarei de como é a miña experiencia

lunes, 7 de enero de 2008

As TICs no cole (5)

Xa como remate ao apartado "As TICs no cole" quero comentar algo que diferencia a este cole doutros moitos...
No meu cole de prácticas a informática non é algo accesorio, senón que as novas tecnoloxías teñen a consideración de ferramentas educativas.
Non hai clases de informática, o que ocorre é que a informática se integra dentro da aula sen un horario específico e en relación coas outras áreas de estudio.

Ensínaselles aos nenos, xa desde Infantil, que os ordenadores son unha ferramenta de traballo, útil para obter información, como vía de comunicación... e ao mesmo tempo que se habitúan ao uso desta ferramenta están a traballar outros contidos (lecto - escritura, matemáticas...)

Podedes ler máis no seguinte artigo de Vieiros: Un cole diferente, publicado con motivo do XX aniversario do colexio.

No tempo que alí estiven os nenos de 4 e 5 anos usaron o ordenador en varias ocasións, usamos o radio-CD para poñer música en algunhas sesións de psicomotricidade e tamén para escoitar panxoliñas...
As cámaras dixitais tiveron protagonismo en moitos momentos de aula: nos obradoiros de cociña - cando fixemos turrón de chocolate (en 5 anos), polvoróns (en 4 anos) ou masa de sal cos máis pequenos..., na festa de Nadal...
Tamén nos días previos ao festival de Nadal apareceu pendurado do teito do patio o canón proxector que tivo o seu protagonismo na festa de Nadal de Primaria...

domingo, 23 de diciembre de 2007

E mañán que...???

Dende o 18 de novembro cada domingo, cando chegaba a media tarde, emprendía viaxe cara á Coruña.
Hoxe non o vou facer, e non porque chegaran as vacacións de Nadal... senon porque xa non é unha viaxe necesaria...
As prácticas xa remataron e todo o vivido, o aprendido, o feito... durante este tempo está aí e nadie mo pode quitar pero... cómo o vou botar de menos!
As horas que compartín cos cativos de 3, 4 e 5 anos, así como coas súas profes, foron marabillosas e servíronme para ratificarme en que isto é o que me gusta e o que quero facer... e ademais en que quero facelo así
Gracias por deixarme participar da vosa forma de traballar!!!

O recanto do ordenador...

Cantas veces, cando estudias algo na teoría, pensas que é moi dificil atopar algo semellante na práctica...
Eu tiven a sorte de poder facer as miñas prácticas de maxisterio nun cole onde:
- as aulas están pensadas para os nenos e organizadas por recantos,
- as asambleas eran un momento moi importante e diario
- as actividades lúdicas formaban parte da súa aprendizaxe (aprender xogando...)
- ...

Hoxe quero falarvos dos recantos.
Estiven nas aulas de 3, 4 e 5 anos. Algúns dos recantos que teñen son comúns a todas elas e outros só estaban nalgunha delas, algúns eran permanentes e outros temporais...
Recantos que están presentes nas distintas aulas son: a casiña, a biblioteca, o recanto da pintura, o recanto dos inventos, as construccións, os animais...
Un recanto común ás 3 aulas é o recanto do ordenador aínda que na aula de 3 anos de momento só se usou para poñer música ou ver fotos (o seu uso por parte dos nenos nesta aula comeza no 2º trimestre)
Nas aulas de 4 e 5 anos os nenos van a este recanto de 2 en 2 tanto en momentos de xogo por recantos como noutros momentos: lóxico-mate, lectoescritura... Nestas aulas, no 2º e 3º trimestre, empezan novos proxectos (ver entradas anteriores deste blog)
A foto que acompaña esta entrada corresponde ao recanto do ordenador da aula de 4 anos.
Ata a próxima!

jueves, 20 de diciembre de 2007

As TICs no cole (4)

Ola de novo!!!
O meu período de prácticas está rematando e... cómo me gustaría seguir no cole onde estou. Supoño que non son a única pois a experiencia está sendo moi boa...

En días anteriores fun contando como se integran as TICs nas aulas de Infantil e hoxe vou contar algo máis polo miudo os recursos cos que conta o centro.
En Infantil hai un ordenador por aula, con conexión a internet e ademais tamén hai reproductores de son.
No resto das aulas hai un ordenador con conexión a internet, unha impresora, autofalantes e auriculares e un reproductor de son.
O centro conta ademais cunha aula de informática coa seguinte dotación:
- 15 ordenadores con conexión a internet
- un encerado dixital
- unha impresora laser
- outra de chorro
- un escaner
Por outro lado conta con recursos que podemos chamar móviles, tanto informáticos (ordenador portátil e canón proxector) como audiovisuais (televisión, vídeo, DVD e 2 cámaras de vídeo e fotografía dixital)
Outros espacios onde podemos atopar ordenadores son:
- a sala de profesores, onde hai varios ordenadores (4 - 5) e unha impresora para o uso dos profes
- en dirección
- nas oficinas da entrada, onde ademais hai unha fotocopiadora

miércoles, 12 de diciembre de 2007

As TICs no cole (3ª parte)

Hoxe estiven na aula de 5 anos e pola tarde fixemos xogos matemáticos. Entre as diferentes opcións que había unha era o ordenador...
Sirveme isto de introdución para contarvos cando e de que maneira se introduce o ordenador en Educación Infantil neste cole.

O contacto co ordenador iníciase en 3 anos no 2º trimestre. Inicialmente fan actividades de familiarización, uso libre do teclado e un programa de debuxo parecido ao paint. Máis tarde empezan a usar material externo que inclúen nas dinámicas e nos proxectos da aula como "A ratiña Lola", "Pipo"...

En 4 anos empezan no proceso de adaptación co xogo dos nomes (co seu nome e o dos amigos da clase), tamén usan materiais externos e o programa de debuxo. A partir do 2º trimestre introducen o ordenador na súa metodoloxía por proxectos, fan un diccionario temático dos proxectos que van traballando e inicianse na búsqueda de imaxes significativas dos proxectos que xa traballaron a nivel de lecto-escritura e que van incluir posteriormente na realización de murais, albums...

En 5 anos comezan cun repaso do xogo dos nomes pero inician tamén un diario no ordenador (trátase de que cada neno escriba periódicamente algo no diario da clase). Tamén continúan coa búsqueda de imaxes, co programa de debuxo... Como novidade, no 3º trimestre crean unha conta de correo-e como ferramenta de comunicación, un conto dixital e fan un ficheiro individual de contos lidos.
Deste xeito se inician os nenos deste cole no uso do ordenador... outro día contareivos máis cousas.
Ata a próxima!!!

miércoles, 28 de noviembre de 2007

As TICs no cole (2º parte)

Como vos prometera, seguín investigando sobre como se integran as TICs no meu cole de prácticas...
O cole ten 4 aulas de Infantil (de 2, 3, 4 e 5 anos), 6 de Primaria e 3 de Secundaria. O ano que ven completará Secundaria coa aula de 4º da ESO e a súa metodoloxía de traballo desenvólvese por proxectos.
En canto as TICs, o cole desenvolve nas súas aulas un Proxecto Curricular Tecnolóxico cuios obxectivos xerais son:
  • facer un cidadán competente no uso das TICs, é decir, desenvolver os coñecementos, habilidades e competencias para o seu uso
  • usar as TICs como ferramenta de aprendizaxe.
O cole conta no claustro de profesores cunha orientadora tecnolóxica que fai un seguimento de como se desenvolve o proxecto e asesora ao resto do claustro no uso das TICs na aula nos distintos niveis.
En canto ao equipamento todas as aulas contan cun ordenador e ademais o centro ten unha aula de informática.
Nos próximos días ireivos contando como se desenvolve este proxecto no ciclo de Infantil pero para que vaiades coñecendo máis cousas sobre as TICs no colexio Andaina deixovos un enlace un artigo publicado en Vieiros

As TICs no traballo por proxectos

domingo, 25 de noviembre de 2007

AsTICs no cole (1ª parte)

Xa levo, xa levamos unha semana de prácticas, e eu estou moi contenta alá pola Coruña...
Estou no colexio Andaina na clase de 4 anos e temos un ordenador na aula, que os nenos e nenas usan con bastante frecuencia.
É unha das súas actividades preferidas para os tempos de xogo libre ou por recantos. Tamén se usa para poñer música mentres fan outras actividades...
Do que vin ata o de agora, vése que os nenos están habituados a andar con el xa que demostran bastante habilidade co rato mentras xogan, coñecen Google, saben do uso de Internet para buscar información...
Pero o uso das TICs no colexio é moito máis amplo que o que vos acabo de contar...
Seguirei investigando - como os nenos e nenos da miña aula están investigando sobre as árbores - e xa vos irei dicindo

Se queredes saber máis do meu cole:
colexio andaina
proxecto "O que somos"