domingo, 30 de noviembre de 2008

Tecnoloxía ou metodoloxía??

En Educación, como noutras cousas, moitas veces é máis importante QUERER que PODER... Non sempre as escolas con máis recursos e máis punteiras son as mellores. Un bo profe/profa con ganas e entusiasmo é un mellor seguro.
Botade un ollo no seguinte vídeo porque, en algunhas escolas, non dista tanto da realidade.


viernes, 28 de noviembre de 2008

A familia Telerín

Cando eu era pequena a tele aínda era en blanco e negro, decíanos que unha peli era para maiores con dous rombos nunha esquina e eu marchaba para a cama coa familia Telerín...

martes, 25 de noviembre de 2008

25 de novembro

Hoxe é 25 de novembro
Hoxe é o

Día Internacional contra a violencia de xénero

STOP!
BASTA XA!



lunes, 24 de noviembre de 2008

15 días en agosto...!!!

Xa hai un tempo que descubrín este vídeo no blog dunha amiga. Daquela non o colguei aínda que me encanta, pero hoxe quero que aqueles/as que de vez en cando botades un ollo por aquí sexades tamén partícipes da súa mensaxe...
Adicádelle pouco máis de 3 minutos que vale a pena...


domingo, 23 de noviembre de 2008

20 de novembro: Dia da infancia

O pasado xoves, 20 de Novembro, foi o Día da Infancia. Con tal motivo empezou a emitirse nas principais canles de televisión un spot publicitario contra o maltrato infantil co lema:

AS TÚAS MANS DEBERÍAN COIDAR, NON PEGAR

Quería telo colgado xa, porque ademais de pola súa mensaxe é un spot que me encanta pero en todo o fin de semana non foi posible.
Si non o coñecedes convídovos a velo porque na miña opinión vale a pena... pero desexo que o vindeiro ano non sexa necesario facer campaña en contra do maltrato infantil



miércoles, 19 de noviembre de 2008

Caprichos da natureza!!!!


A saber que apretos tivo que pasar a isca, faisca, arume... ou como cada quen lle chame para adoptar esta forma tan caprichosa...

domingo, 16 de noviembre de 2008

Non era sen tempo...!!!

Van alá máis de 3 meses desde a última vez que escribín no blog... e de aí o título de hoxe: Non era sen tempo...!!!
Tiven oportunidades... o meu cumpreanos, algunhas saídiñas por aí, o comezo do curso, a ruta de sendeirismo do concello de Forcarei, unha fin de semana nun muíño... pero faltáronme as ganas, ou poñerme... non sei o que foi!
Hoxe saquei as arañeiras do blog e espero a partir de agora publicar pequenas entradas máis asiduamente.... Quedan pendentes as fotos da ruta de Forcarei, do fin de semana no muíño...
Un bico aos que me len... eeeee

Manolito podes tar contento, xa actualicei!!!