Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta viaxes. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de noviembre de 2007

De paseo polo Concello da Veiga - Ourense


Con este tempo que temos, o difícil é quedar na casa...
O outono é unha estación fermosa para ir de paseo pola natureza e máis con este solete. A primeira fin de semana de novembro paseina cuns amigos nos Corzos, no Concello da Veiga. O sábado erguémonos cedo e fomos de pateada polo monte...
Os tons amarelo-dourados das follas, o negro da lousa nos tellados... e as vistas compensaron as 6 horas que andivemos monte arriba e monte abaixo. Non vos parece?