jueves, 30 de julio de 2009

O xardín!!!


Sacarlle as herbas ao xardín era un dos cometidos deste verán...
Si, xa sei, xa debería estar feito... É verdade, pero no seu tempo eu andaba con outras cousas na cabeza e non tiven tempo...
Pouco a pouco, máis ben, moi pouco a pouco vou tratando de poñerlle traza pero con este verán que temos eu saco as herbas por un lado e o sol e maila chuvia encárganse de que volvan a nacer rapidamente... que se lle vai facer, así é a Natureza!
Na foto poden verse os resultados do meu traballo...

Os fogos do Apostolo!!!


Este ano os fogos do Apostolo corrían a cargo dunha pirotecnia italiana...
Ían ser os mellores se podía ler nos xornais...
Despois non foi para tanto,. Como novidade, polo menos para min, a presenza dun enorme globo que semellaba o planeta Terra e que estivo alá no alto mentres duraron os fogos.
Faltaron os 2 chupinazos que indican o fin da tirada e houbo outros erros...
Cada quen terá a súa opinión pero para min non foron os mellores.

Con ojos de abuelo...



Xa algunha vez falei neste blog da miña admiración polas viñetas de Tonucci, foi con ocasión da edición do libro "40 años con ojos de niño"
Hoxe volvo a traelo ata aquí porque ven de publicar un novo libro de viñetas: "Con ojos de abuelo".
Non fai falla decir que logo estará nas miñas mans... e novamente volvo a convidar a quen non as coñeza a botarlle un ollo, vale a pena!

viernes, 10 de julio de 2009

Agora si, "xa tá!!!"



Xa hai case un mes que ese papeliño é meu pero ata onte á tarde non sabía si de verdade me correspondía. Agora si, xa o podo decir... son DIPLOMADA!!! rematei Ed. Infantil...

Hai 3 anos falando con certa persoa á sombra dun carballo decidimos empezar Maxisterio, eu en Infantil, el en Primaria...
Tiven dúbidas, moitas, antes de empezar pero agora podo dicir que valeu a pena... non só por ter rematado con éxito senón, e sobre todo, polo vivido durante estes 3 anos...

Gracias a tódalas persoas que compartiron conmigo esta ilusión e pensade que
"NUNCA É TARDE..."

domingo, 21 de junio de 2009

EU ENTÉNDOME en GALEGO

É domingo pola mañá e acabo de erguerme da cama... Mentras almorzo, bótolle unha ollada ao xornal. Desa ollada quero compartir con quen de vez en cando se pasa por aquí esta carta:

O GALEGO SERVE PARA ENTENDERNOS

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa, ... apelido: Vázquez, Nogueira, ... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ...
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo, ... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela, ...
Botamos aturuxos, arroutadas, ... e damos colo, apertas, ...
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ...
Aos arbustos: silva, xesta, ...
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...
Ás comidas: grelos, cacheira, ...
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ...
Aos peixes: xouba, ollomol, ... e aos mariscos: vieira, zamburiña, ...
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ...
Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...
Ás rochas: Pena Corneira, A Pedra de Abalar, ...
Aos ríos: Toxa, Xallas, ...
Aos pobos: Soutelo, A Peroxa, ...
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño, ...
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo, ...
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo, ...
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...
As vacas: Marela, Xeitosa, ...
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ...
Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ...
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...
Á música: os alalás, a chouteira, ...
Aos xogos: a billarda, a porca, ...
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ...
Aos paxaros: paporrubio, rula, ...
Ao vestido: saia, polaina, ...
e agora veñen que para que serve o galego, pois é obvio, PARA ENTENDERNOS.

E o que eu non acabo de entender é por que queren privarnos de todo isto?

Non señores non, esquezan as enquisas que xa bastante dano fixeron con elas, non busquen xustificarse nos seus resultados ... por que hai cousas que non se poden xustificar...

Como podemos sequera pensar en privar as xeracións futuras desta riqueza, da súa herdanza, da súa cultura... facerlles perder a súa historia... eu non o entendo....

Non quero sentir morriña da lingua, QUERO seguir picándome nas silvas, paseando entre os amierios á beira dos regatos, comendo xoubas e zamburiñas, escoitando as rulas, visitando a fervenza do Toxa ou a serra da Capelada, xogando a billarda, aledándome cada vez que vexo un escornabois cos seus cornos ao alto, sentindo agarimo polos meus, enchéndoos de bicos e apertas, ríndome coas historias do Foucellas, saboreando as mazás da maceira, os pexegos do pexegueiro ou os carolos da caroleira, tomando o leite da Marela ou da Gallarda, indo á Rapa das Bestas, ... e tantas e tantas cousas que ... non entendo, ou debería decir: "no entiendo" por que eu, en galego, entendo



sábado, 13 de junio de 2009

Parabéns...!!! Xa son taitantos???

Parabens para ti,
parabens "topetin"
nesta data asinalada
parabens para ti...

(a intención é o que conta que son as 5 e media da mañá, acabo de chegar do acto e non podo co c...)

martes, 9 de junio de 2009

Bye, bye musica...!!!

Xa casi hai unha semana que o sospeitaba pero o luns tiven a confirmación: a flauta deixa de ser un pesadelo para mín, a partir de agora só teño que tocala si me apetece e, polo de agora non vai ser...
Sufridos amigos/as non vos preocupedes máis, a flauta xa non vai viaxar conmigo as fins de semana de turismo rural....