miércoles, 31 de diciembre de 2008

Feliz ano 2009!!!

Cos meus mellores desexos...!!!

domingo, 30 de noviembre de 2008

Tecnoloxía ou metodoloxía??

En Educación, como noutras cousas, moitas veces é máis importante QUERER que PODER... Non sempre as escolas con máis recursos e máis punteiras son as mellores. Un bo profe/profa con ganas e entusiasmo é un mellor seguro.
Botade un ollo no seguinte vídeo porque, en algunhas escolas, non dista tanto da realidade.


viernes, 28 de noviembre de 2008

A familia Telerín

Cando eu era pequena a tele aínda era en blanco e negro, decíanos que unha peli era para maiores con dous rombos nunha esquina e eu marchaba para a cama coa familia Telerín...

martes, 25 de noviembre de 2008

25 de novembro

Hoxe é 25 de novembro
Hoxe é o

Día Internacional contra a violencia de xénero

STOP!
BASTA XA!



lunes, 24 de noviembre de 2008

15 días en agosto...!!!

Xa hai un tempo que descubrín este vídeo no blog dunha amiga. Daquela non o colguei aínda que me encanta, pero hoxe quero que aqueles/as que de vez en cando botades un ollo por aquí sexades tamén partícipes da súa mensaxe...
Adicádelle pouco máis de 3 minutos que vale a pena...


domingo, 23 de noviembre de 2008

20 de novembro: Dia da infancia

O pasado xoves, 20 de Novembro, foi o Día da Infancia. Con tal motivo empezou a emitirse nas principais canles de televisión un spot publicitario contra o maltrato infantil co lema:

AS TÚAS MANS DEBERÍAN COIDAR, NON PEGAR

Quería telo colgado xa, porque ademais de pola súa mensaxe é un spot que me encanta pero en todo o fin de semana non foi posible.
Si non o coñecedes convídovos a velo porque na miña opinión vale a pena... pero desexo que o vindeiro ano non sexa necesario facer campaña en contra do maltrato infantil



miércoles, 19 de noviembre de 2008

Caprichos da natureza!!!!


A saber que apretos tivo que pasar a isca, faisca, arume... ou como cada quen lle chame para adoptar esta forma tan caprichosa...